O pastelón
O pastelón non se debe confundir coa empanada. É un prato de mesa feito a base dunha masa hoxaldrada enchida de dous xeitos posíbeis. Por un lado o pastelón de ovo e xamón, que adoita ser o que ten un sabor máis sutil, e o pastelón de carne, que se fai con raxo de porco e fai por sí só de prato para xantar. En ambos casos complétase o recheo con bechamel artesán e pementos.