A torta de Pontedeume
Velaquí unha das antigas xoias gastronómicas da repostería de Galicia. Ao contrario que a tarta de Santiago, da que se supón foi un bluf comercial con orixes na segunda metade do século XX, existe constancia oral e escrita de que esta torta de améndoa existe dende tempos antigos. A nai e precursora da confeitaría Cristina Dopico lembraba a existencia dunha gran tarta a base de améndoa, dunhas cinco ducias de ovos alomenos e azucre, que se forneaba en grandes ocasións para as mellores casas da vila. Unha torta seguramente entrega en canto a que o seu perfeccionamento foi ata esas datas case inexistente. Contaba ela que era tan grande e tan pesada que só se lle podía comer o interior, pois o exterior carbonizaba sempre. A receita reducida, sen embargo, daba xeito a unha torta lustrosa e máis baixa, cuxa fórmula herdaron as fillas de Cristina e, amáis da tradición familiar, vén documentada tal cal - non así a de Santiago -no famoso libro de cociña de principios de século do ilustre Manuel María Purga y Parga, “Picadillo”, que dalgún xeito acadaría coñecer a súa confeición nalgunha das súas moitas viaxes culinarias.