A tarta Alba
A tarta Alba é unha sobremesa moi axeitada para os amantes do chocolate, pois é o ingrediente fundamental. É unha masa a base de chocolate fundido que se fornea e adquire unha consistencia que trisca nos dentes. Cóbrese dunha nova capa de chocolate fundido e tómase en pequenas porcións.