Minipasteis
Elaboramos toda unha categoría de minipasteis axeitados para a sobremesa que son máis lixeiros e doados de tomar que os pasteis tradicionais. Tentamos usar sempre as mellores materias primas, como a tona dobre ou a améndoa marcona, as mazás do país… para acadar os mellores resultados e non producir pastelería con sabor industrial. Petisús ou éclairs, linguas de hoxaldre e crocante, milfollas, píos, medias lúas, picadeiros, palos de holanda, xesuítas, trufas, tortas de améndoa ou tortas de mazá, portugesinhas, tortiñas de biscoito, touciños do ceo e moitos outros pasteis onde se usan as mellores tonas baitdas, cremas pasteleiras, trufas, chocolates, mocas, pralinés, claras glaceadas, cabelos de anxo, froitas das fragas e merengues.