As filloas
Coñecidas tamén coma freixós, as filloas son unha sobremesa típica do entroido en toda Galiza, porén tamén na época do San Martiño. Son un amoado de fariña de trigo, ovo, e leite, alén doutros ingredientes que varían dependendo da zona. Así, as feitas na Confeitaría Obradoiro son de caldo limpo, namentres noutras zonas adoitan incorporar tamén touciño, ás veces azucre, ou as típicas da matanza feitas co sangue.
Delicada coas proporcións, a filloa cocíñase sobre unha filloeira, sexa de ferro ou de granito do bo, que é fundamental para acadar unha perfecta presentación.