A biscoitada
A biscoitada é o biscoito tradicional feito a base de fariña de trigo, ovo, azucre e reladura de limón. Na vila de Pontedeume e darredores adóitase dende sempre chamalo biscoitada, ou o biscoitón con manteiga que se elabora en vilas contiguas, coas súas proporcións particulares, sendo as máis grandes as máis saborosas. É unha sobremesa ideal para o almorzo ou para a tazada, e non levando graxas adoita ser o máis livián.